A Academia Galega de Ciencias homenaxeará á investigadora ferrolana Ángeles Alvariño (1916-2005), a quen lle adica esta edición do Día da Ciencia en Galicia. Esta muller é semidescoñecida para o público pese a que as súas fazañas transcenden no estranxeiro,isto débese a pouca transmisión do seu éxito por ser muller e ademais do seu mínimo afán de protagonismo. Fóra das nosas fronteiras, en Gran Bretaña ou Estados Unidos, Alvariño é das personalidades máis destacadas en bioloxía mariña.
Estudou Ciencias Naturais ,despois da súa graduación dedicouse a docencia pero pronto obtivo unha beca que a levou a Gran Bretaña, sendo a primeira muller en Gran Bretaña que participou como científica nunha exploración naval.
Despois diso regresou a Vigo, onde iniciou unha investigación sobre o plancton. Ideou ata redes especiais para capturar estes minúsculos seres acuáticos para observalos. Posteriormente foise a Estados Unidos ao Centro Oceanográfico de Massachusetts. Ademais fixo expedicións pola Antártida e participou no ámbito cientifíco ata o seu retiro.
As súas pescudas sobre o zooplancton axudaron na divulgación cientifíca en España. O coñocemento da súa persoa é por dúas facetas:a primeira foi identificar máis dunha vintena de especies, e a segunda foi a distribución das especies mariñas de todos os océanos e as vías ou estradas que utilizan axudándose das correntes.
A importancia de Alvariño é infravalorada pero o mundo científico bautizou dúas especies mariñas co seu apelido, caso do quetognato Aidanosagitta alvarinoae e da hidromedusa Lizzia alvarinoae.
Para saberes máis: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ciencia/2015/04/29/dia-da-ciencia-reconoce-labor-angeles-alvarino/0003_201504G29P28991.htm