miércoles, 10 de junio de 2015

Por qué están desaparecendo os lagos de Groenlandia?

O ano pasado estabáse producindo un desxeo importante nas capas de xeo de Groenlandia.Esta situación estaba alarmando a comunidade científica,pero este ano un grupo de investigadores estadounidenses din saber o porqué.
Segundo explican os lagos desaugánse polos muíños glaciares,que fan un sumidoiro que provoca danos na superficie do glaciar. Estes muíños poden canalizar a auga por debaixo do glaciar e facer elevacións no terreo.
Estas grietas poden provocar o vacío das propias en moi pouco tempo,provocando así a subida do nivel do mar pola gran inxección de auga recibida.
Para saberes máis:http://actualidad.rt.com/ciencias/176754-revelan-causa-desaparecen-lagos-groenlandia

domingo, 7 de junio de 2015

Escoitar a Mozart pode mellorar a memoria

Segundo un estudo feito ,científicos italianos comprobaron que escoitar música de Mozart pode mellorar o pensamento e a capacidade memorística.
Os científicos que pertencen a Universidade de Roma La Sapienza, comprobaron as ondas cerebrais  da memoria en 30 personas .Puxéronlle as obras 'Allegro con spirito',  e 'Para Elisa', de Beethoven.
Coa realización deste proxecto descubriuse que a liña da actividade das ondas cerebrais, vinculadas ao coeficiente intelectual,aumentaron coa escoita das pezas de Mozart, no caso de Beethoven non ocurriu do mesmo xeito .
Os científicos declaran que a música deste xenio activa o sistema nervioso principalmente as células relacionadas coa atención e coa memorística. 

domingo, 31 de mayo de 2015

O mundo da ciencia homenaxeará a oceonógrafa Ángeles Alvariño


A Academia Galega de Ciencias homenaxeará á investigadora ferrolana Ángeles Alvariño (1916-2005), a quen lle adica esta edición do Día da Ciencia en Galicia. Esta muller é semidescoñecida para o público pese  a que as súas fazañas transcenden no estranxeiro,isto débese a pouca transmisión do seu éxito por ser muller e ademais do seu mínimo afán de protagonismo. Fóra das nosas fronteiras, en Gran Bretaña ou Estados Unidos, Alvariño é das personalidades máis destacadas en bioloxía mariña. 

Estudou Ciencias Naturais ,despois da súa graduación dedicouse a docencia pero pronto obtivo unha beca que a levou a Gran Bretaña, sendo a primeira muller en Gran Bretaña que participou como científica nunha exploración naval.

Despois diso regresou a Vigo, onde iniciou unha investigación sobre o plancton. Ideou ata redes especiais para capturar estes minúsculos seres acuáticos para observalos. Posteriormente foise a Estados Unidos ao  Centro Oceanográfico de Massachusetts. Ademais fixo expedicións pola Antártida e participou no ámbito cientifíco ata o seu retiro.

As súas pescudas sobre o zooplancton axudaron na divulgación cientifíca en España.  O coñocemento da súa persoa é por dúas facetas:a primeira foi identificar máis dunha vintena de especies, e a segunda foi a distribución das especies mariñas de todos os océanos e as vías ou estradas que utilizan axudándose das correntes. 

A importancia de Alvariño é infravalorada pero o mundo científico bautizou dúas especies mariñas co seu apelido, caso do quetognato Aidanosagitta alvarinoae e da hidromedusa Lizzia alvarinoae. 

lunes, 25 de mayo de 2015

Morre John Nash,unha mente marabillosa

Unha morte que non puido predecir. O home que usou a intelixencia para loitar coa esquizofrenia, faleceu o sábado, ía nun taxi coa súa muller que tamén morreu neste terrible accidente,xa que a parella non levaba o cinto de seguridade posto.
John Forbes Nash, premiado co Nobel de Economía en 1994, acababa de recibir,en marzo, o Premio Abel de la Academia Noruega de Ciencias y Letras, con tanto prestixio como si fora un Nobel de matemáticas. Fixo aportacións en ecuacións non lineais en derivadas parciais que tiveron moito eco na comunidade cientifíca e económica. 
A piques dos 30 años, nun dos seus momentos más creativos, foille diagnosticada a esquizofrenia contra a que loitou  ,incluso promovendo actividades benéficas, , para dar a coñecer a realidade desta enfermidade.
A periodista e  profesora da Universidad de Columbia Sylvia Nasar, experta en divulgación científica, publicou o libro sobre a vida  de John Nash (Unha mente prodixiosa), que foi levada a gran pantalla en 2001, nunha cinta de gran éxito protagonizada por Russell Crowe.

domingo, 3 de mayo de 2015

O último vó de "Yi qi"


Un dos conceptos  esenciais que debe aprender todo estudante de Bioloxía é a diferenza entre homoloxía e analoxía: as ás de aves e morcegos non son homólogas, porque non proveñen dunha mesma á primitiva, senón análogas: desenvolveron formas similares impostas pola función de voar. Pero que facer entón cun dinosauro do Xurásico un avó das aves que voaba como un morcego? Iso é xusto o que acaban de achar os paleontólogos chineses. É iso análogo, homólogo ou epiceno ao voo das aves? Velaquí un bo exemplo da ciencia en acción.
'Yi qi' apareceu en sedimentos datados en 160 millóns de anos atrás, nas postrimerías do Xurásico.
O novo dinosauro foi bautizado  como Yi qi (á estraña). Pertence ao mortecino e horrisonante grupo dos scansoriopterígidos, uns réptiles xurásicos que a pesar do seu enanismo (Yi qi debía pesar uns 380 gramos) teñen moito interese para os paleontólogos, pola súa relación familiar cos dinosauros carnívoros, ou terópodos, que deron lugar á orixe das aves. 

Yi qi ten plumas, pero niso xa lle precederon outros dinosauros chineses dos últimos tempos. Non son o tipo de plumas adecuadas para o voo, e parécense máis ás do pavo real, que se despregan con luxo aparatoso e uns obxectivos máis ben sexuais. O que leva aos científicos chineses a pensar que voaba non é iso, senón o longo e extraordinario óso cilíndrico que se proxecta desde a súa boneca. Esta estrutura, nunca observada noutro dinosauro, aseméllase á de criaturas como o morcego e a ardilla voadora, capaces de aletear ou planear a pesar da súa falta de parentesco coas aves, a aristocracia do ceo.

 Para saberes máis:
http://elpais.com/elpais/2015/04/29/ciencia/1430319656_796229.html

domingo, 19 de abril de 2015

É mellor o exercicio duro que o moderado?



Os beneficios do deporte na saúde están demostrados, pero hai algo que aínda se descoñece: a dose exacta para obter o máximo proveito. Unha das conclusións que están apontoando os últimos estudos é que non vale só con ir ao gimnasio, a ler un libro encima da bicicleta estática ou saír a camiñar . Un equipo australiano concluiu que as persoas que fan un exercicio máis intenso teñen un risco entre un 9% e un 13% menor de mortalidade prematura que os que só realizan exercicio moderado.

Os científicos obtiveron os seus resultados con persoas de entre 45 e 75 anos durante máis de seis anos divididas en dous grupos: por unha banda aqueles que tiñan unha actividade moderada, como realizar tarefas domésticas ou nadar sen demasiado esforzo, con outros que realizaban exercicios máis intensos, como correr ou xogar ao tenis. Ademais, viron que este beneficio crecía proporcionalmente cando se superaba o limiar dos 30 minutos semanales. 

Fomentar unha actividade física intensa pode axudar a evitar mortes prevenibles a unha idade máis temperá.
Estas conclusións indican que se deberían cambiar as recomendaciones da OMS, que adaptan a maior parte dos países, sobre a actividade física semanal recomendada. Ata agora, aconséllase que os adultos acumulen 150 minutos de actividade moderada cada sete días ou 75 minutos de actividade vigorosa. 

 Isto quere dicir que si falamos do adestramento para mellorar a forza muscular, que é unha actividade recomendada porque prevén, por exemplo, o risco de caídas, o exercicio vigoroso supoñería realizar entre un 40% e un 70% da forza máxima, explica. Isto significa que si alguén pode mover coas pernas un máximo de dez quilos, debería utilizar pesas de entre catro e sete quilos para lograr as maiores ganancias. Outro xeito de coñecer a intensidade e cantidade no adestramento de forza sería comezar realizando de 8 a 10 repeticións cunha intensidade (ou un exercicio por exemplo levantarse dunha cadeira) que nos permitiría facer, ata esgotarnos, unhas 30 repeticións.Respecto ao exercicio aeróbico, pódese definir tendo en conta o tempo que aguantariamos ata esgotarnos a unha determinada velocidade ou ritmo constante. Neste caso, recoméndase comezar a camiñar (ou correr) durante 15 ou 20 minutos a un ritmo que nos esgotaría en tres horas. 

 Para saberes máis:http://elpais.com/elpais/2015/04/07/ciencia/1428422928_919035.html

lunes, 23 de marzo de 2015

Foi Stonehenge unha mesa xigante de ofrendas?

O círculo de Stonehenge puido ser en realidade unha xigantesca mesa de ofrendas, segundo Julian Spalding.
A función dos monolitos sería pois a de soster unha plataforma de madeira na que executaban cerimonias en consonancia coa "rotación" dos ceos.
"Nesa época e en todas as civilizacións que coñecemos,todos os monumentos sagrados eran alzados e en deseños circulares, posiblemente para seguir os movementos celestiales", asegura Spalding no libro que chega esta semana ás librería británicas: "As orixes da arte".
A orixinal teoría de Spalding pillou coa garda baixa aos arqueólogos, que seguen dándolle voltas ao enigmático círculo de pedra.
A teoría máis usada ata agora é que foi un templo usado polos druidas como calendario celestial. A posibilidade de que fose un monumento funerario ou ata un lugar de curación natural (algo así como un Lourdes prehistórico) ha ir gañando adeptos.
Segundo Julian Spalding, todas as teorías formuladas ata agora fixéronse desde unha perspectiva moderna e fóra do contexto histórico.
"Naquela época, todos os grandes altares construídos pola humanidade eran elevados", declara Spalding a The Guardian. "sería inimaxinable e insultante facer descender aos seres inmortales para que mordesen o po".
A teoría revolucionaria escepticismo nos expertos. Vincent Gaffney, á fronte do Proxecto Stonehenge , e Barry Cunliffe, profesor de Arqueoloxía en Oxford, aseguraron que a audacia de Spalding non se sostén coa "evidencia" e que no templo non foron atopados restos de materiais que permitan facer crer que os monolitos chegaron a soster unha plataforma.


Para saberes máis:http://www.elmundo.es/ciencia/2015/03/16/5506e172268e3e02028b456b.html