sábado, 29 de noviembre de 2014

Cientificos xaponeses desenrolan biocombustible con laranxas

Un grupo de científicos da universidade xaponesa de Mie informaron de que  desenvolveron un biocombustible a partir de laranxas non aptas para o consumo que mostrou bos resultados pola súa eficiencia e a súa natureza pouco corrosiva.
Este proxecto trata de aproveitar o excedente que se dá en Mihama famosa polas súas laranxas.
O equipo fixo que un vehículo duns 14 quilos activado por control remoto funcione mediante unha mestura de gasolina e este novo biocombustible de laranxa,así como os refugallos que quedan tras producir zume deste cítrico cunha bacteria obtida.
Esta bacteria descompón  fibras de celulosa e produce un azucre que, ao fermentar xunto a outro microorganismo , produce este biocombustible de laranxa  do que lograron extraer uns 20 mililitros de biocombustible duns 3 quilos de laranxas descartadas.
A substancia tamén resultou menos corrosiva que o bioetanol, normalmente producido con millo ou remolacha, xa que o 70 por cento do seu contido é biobutanol, que non reacciona tan doadamente coa humidade.

viernes, 28 de noviembre de 2014

Adeus ao aire acondicionado? Si,por favor

Científicos da universidade de Stanford presentaron un prototipo dun material que arrefría os edificios.
Os creadores cren que podería substituir o aire acondicionado.
Esto sería unha boa oportunidade para non usalo xa que é malo para á saúde,prexudica o medio ambiente xa que nunha cidade como Madrid está demostrado que pode aumentar a temperatura en ata 2ºC.
Para máis información preme aquí ou no hipervínculo posto anteriormente:http://www.elmundo.es/ciencia/2014/11/27/54761f0d22601d22798b457f.html
http://blogs.elpais.com/alterconsumismo/2013/06/7-razones-para-no-usar-el-aire-acondicionado.html

miércoles, 12 de noviembre de 2014

Un tratamento elimina en monos as placas que pode causar o alzhéimer.

            Seguimos co alzhéimer;
        Este tratamento  xera moita ilusión pero outros tratamentos como estes provocaron esta expectación.Os cientifícos din que hai que ser precavidos ca posible epidemia do s.XXI.
Dentro de 15 anos só en España poderá haber 7.000.000 de afectados.A súa prevención consiste en adiantarse a doenza xa que os efectos da proteína que o causa maniféstase tarde.Estas probas estánse realizando con monos e eliminan a beta amiloide(proteína causante do alzhéimer).







         Para máis información preme aquí:

        http://elpais.com/elpais/2014/11/05/ciencia/1415212610_521889.html

viernes, 17 de octubre de 2014

O alzhéimer e cómo intentar previlo

                                 O ALZHÉIMER

                  É unha enfermidade neurodexenarativa.Caracterízase pola perda de memoria e outras capacidades mentais,ao morreren as neuronas.Este mal preocúpanos a todos xa que non ten cura e un 99'6 % dos ensaios para previlo non funcionan.O único que se pode facer para previlo é seguir unha pautas:boa vida social,exercitar o cerebro(sudokus,xadrez),ter unha boa dieta e estar activo físicamente.
Seguirei informando!

viernes, 10 de octubre de 2014

Presentación


          Ola,
                  Son Antón e este é o meu blog no que vou tratar temas cientifícos.