
Os investigadores analizaron 42 exemplares capturados en ríos da vertente mediterránea. "O resultado máis sorprendente é que todas as mostras presentan concentracións detectables de piretroides", apunta unha científica. Tratábanse de bagres, barbos, truchas, carpas e gobios. O descoñecemento da pegada que poden ter estes produtos provocou que non haxa lexislación nin normativa, xa que non se sabía que os piretroides afectaban aos seres vivos. Aínda que os niveis non son daniños para os seres humanos, si poderían afectar aos peixes. Segundo varios estudos demostran que os piretroides poden provocarlles dificultades no movemento e problemas cardíacos e de crecemento. Ata pode provocarlles efectos tóxicos como a acumulación de lípidos no fígado.
Para saberes máis preme aquí:http://www.elmundo.es/ciencia/2014/12/11/5489a26822601dad0d8b457e.html
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario