viernes, 12 de junio de 2015

A nena que verá medrar o nariz grazas a impresora 3D

Tessa Evans naceu sen nariz,isto débese a unha enfermidade rara coñecida como arrimia.A rapaza tivo que aprender a respirar pola boca e tivo boa calidade de vida.
Co avance das impresoras 3D xurdiu a esperanza,xa que antes realizábanse  reconstruccións deixando moitas cicatrices.
Grazas a esta mellora poderase "deseñar" unha nariz acorde co seu cranio no que a prótese será cambiada a medida que medre a rapaza.
O nariz non deixará marcas faciais xa que se fará unha incisión no cabelo.
Esta prótese non axudará a respirar senón que  a función que ten é estética.
Para saberes máis:http://www.elmundo.es/salud/2015/06/09/5576c4e4ca4741917c8b457b.html

Científicos redescubren un método para a potibilización da auga non potable

Investigadores norteamericanos descubren que con filtros nanotecnolóxicos pódese converter a auga non potable en potable.Este método é moi antigo xa que era coñecido pola civilización exipcia.
Para este proceso empréganse sementes da árbore "Moringa oleifera",que combate contra as bacterias da auga  non potable deixándoa no fondo do recipiente.
Con este estudo tamén se chegou a conclusión da mellor temporada para a planta de árbores,que é durante a temporada de choivas,ademáis de se expande esta mellora que suporá para os países onde acceder a auga potable é realmente custoso.

Para saberes máis:http://actualidad.rt.com/ciencias/177377-cientificos-descubren-metodo-antiguo-convierte-agua-potable

miércoles, 10 de junio de 2015

Por qué están desaparecendo os lagos de Groenlandia?

O ano pasado estabáse producindo un desxeo importante nas capas de xeo de Groenlandia.Esta situación estaba alarmando a comunidade científica,pero este ano un grupo de investigadores estadounidenses din saber o porqué.
Segundo explican os lagos desaugánse polos muíños glaciares,que fan un sumidoiro que provoca danos na superficie do glaciar. Estes muíños poden canalizar a auga por debaixo do glaciar e facer elevacións no terreo.
Estas grietas poden provocar o vacío das propias en moi pouco tempo,provocando así a subida do nivel do mar pola gran inxección de auga recibida.
Para saberes máis:http://actualidad.rt.com/ciencias/176754-revelan-causa-desaparecen-lagos-groenlandia

domingo, 7 de junio de 2015

Escoitar a Mozart pode mellorar a memoria

Segundo un estudo feito ,científicos italianos comprobaron que escoitar música de Mozart pode mellorar o pensamento e a capacidade memorística.
Os científicos que pertencen a Universidade de Roma La Sapienza, comprobaron as ondas cerebrais  da memoria en 30 personas .Puxéronlle as obras 'Allegro con spirito',  e 'Para Elisa', de Beethoven.
Coa realización deste proxecto descubriuse que a liña da actividade das ondas cerebrais, vinculadas ao coeficiente intelectual,aumentaron coa escoita das pezas de Mozart, no caso de Beethoven non ocurriu do mesmo xeito .
Os científicos declaran que a música deste xenio activa o sistema nervioso principalmente as células relacionadas coa atención e coa memorística.