domingo, 31 de mayo de 2015

O mundo da ciencia homenaxeará a oceonógrafa Ángeles Alvariño


A Academia Galega de Ciencias homenaxeará á investigadora ferrolana Ángeles Alvariño (1916-2005), a quen lle adica esta edición do Día da Ciencia en Galicia. Esta muller é semidescoñecida para o público pese  a que as súas fazañas transcenden no estranxeiro,isto débese a pouca transmisión do seu éxito por ser muller e ademais do seu mínimo afán de protagonismo. Fóra das nosas fronteiras, en Gran Bretaña ou Estados Unidos, Alvariño é das personalidades máis destacadas en bioloxía mariña. 

Estudou Ciencias Naturais ,despois da súa graduación dedicouse a docencia pero pronto obtivo unha beca que a levou a Gran Bretaña, sendo a primeira muller en Gran Bretaña que participou como científica nunha exploración naval.

Despois diso regresou a Vigo, onde iniciou unha investigación sobre o plancton. Ideou ata redes especiais para capturar estes minúsculos seres acuáticos para observalos. Posteriormente foise a Estados Unidos ao  Centro Oceanográfico de Massachusetts. Ademais fixo expedicións pola Antártida e participou no ámbito cientifíco ata o seu retiro.

As súas pescudas sobre o zooplancton axudaron na divulgación cientifíca en España.  O coñocemento da súa persoa é por dúas facetas:a primeira foi identificar máis dunha vintena de especies, e a segunda foi a distribución das especies mariñas de todos os océanos e as vías ou estradas que utilizan axudándose das correntes. 

A importancia de Alvariño é infravalorada pero o mundo científico bautizou dúas especies mariñas co seu apelido, caso do quetognato Aidanosagitta alvarinoae e da hidromedusa Lizzia alvarinoae. 

lunes, 25 de mayo de 2015

Morre John Nash,unha mente marabillosa

Unha morte que non puido predecir. O home que usou a intelixencia para loitar coa esquizofrenia, faleceu o sábado, ía nun taxi coa súa muller que tamén morreu neste terrible accidente,xa que a parella non levaba o cinto de seguridade posto.
John Forbes Nash, premiado co Nobel de Economía en 1994, acababa de recibir,en marzo, o Premio Abel de la Academia Noruega de Ciencias y Letras, con tanto prestixio como si fora un Nobel de matemáticas. Fixo aportacións en ecuacións non lineais en derivadas parciais que tiveron moito eco na comunidade cientifíca e económica. 
A piques dos 30 años, nun dos seus momentos más creativos, foille diagnosticada a esquizofrenia contra a que loitou  ,incluso promovendo actividades benéficas, , para dar a coñecer a realidade desta enfermidade.
A periodista e  profesora da Universidad de Columbia Sylvia Nasar, experta en divulgación científica, publicou o libro sobre a vida  de John Nash (Unha mente prodixiosa), que foi levada a gran pantalla en 2001, nunha cinta de gran éxito protagonizada por Russell Crowe.

domingo, 3 de mayo de 2015

O último vó de "Yi qi"


Un dos conceptos  esenciais que debe aprender todo estudante de Bioloxía é a diferenza entre homoloxía e analoxía: as ás de aves e morcegos non son homólogas, porque non proveñen dunha mesma á primitiva, senón análogas: desenvolveron formas similares impostas pola función de voar. Pero que facer entón cun dinosauro do Xurásico un avó das aves que voaba como un morcego? Iso é xusto o que acaban de achar os paleontólogos chineses. É iso análogo, homólogo ou epiceno ao voo das aves? Velaquí un bo exemplo da ciencia en acción.
'Yi qi' apareceu en sedimentos datados en 160 millóns de anos atrás, nas postrimerías do Xurásico.
O novo dinosauro foi bautizado  como Yi qi (á estraña). Pertence ao mortecino e horrisonante grupo dos scansoriopterígidos, uns réptiles xurásicos que a pesar do seu enanismo (Yi qi debía pesar uns 380 gramos) teñen moito interese para os paleontólogos, pola súa relación familiar cos dinosauros carnívoros, ou terópodos, que deron lugar á orixe das aves. 

Yi qi ten plumas, pero niso xa lle precederon outros dinosauros chineses dos últimos tempos. Non son o tipo de plumas adecuadas para o voo, e parécense máis ás do pavo real, que se despregan con luxo aparatoso e uns obxectivos máis ben sexuais. O que leva aos científicos chineses a pensar que voaba non é iso, senón o longo e extraordinario óso cilíndrico que se proxecta desde a súa boneca. Esta estrutura, nunca observada noutro dinosauro, aseméllase á de criaturas como o morcego e a ardilla voadora, capaces de aletear ou planear a pesar da súa falta de parentesco coas aves, a aristocracia do ceo.

 Para saberes máis:
http://elpais.com/elpais/2015/04/29/ciencia/1430319656_796229.html