domingo, 31 de mayo de 2015

O mundo da ciencia homenaxeará a oceonógrafa Ángeles Alvariño


A Academia Galega de Ciencias homenaxeará á investigadora ferrolana Ángeles Alvariño (1916-2005), a quen lle adica esta edición do Día da Ciencia en Galicia. Esta muller é semidescoñecida para o público pese  a que as súas fazañas transcenden no estranxeiro,isto débese a pouca transmisión do seu éxito por ser muller e ademais do seu mínimo afán de protagonismo. Fóra das nosas fronteiras, en Gran Bretaña ou Estados Unidos, Alvariño é das personalidades máis destacadas en bioloxía mariña. 

Estudou Ciencias Naturais ,despois da súa graduación dedicouse a docencia pero pronto obtivo unha beca que a levou a Gran Bretaña, sendo a primeira muller en Gran Bretaña que participou como científica nunha exploración naval.

Despois diso regresou a Vigo, onde iniciou unha investigación sobre o plancton. Ideou ata redes especiais para capturar estes minúsculos seres acuáticos para observalos. Posteriormente foise a Estados Unidos ao  Centro Oceanográfico de Massachusetts. Ademais fixo expedicións pola Antártida e participou no ámbito cientifíco ata o seu retiro.

As súas pescudas sobre o zooplancton axudaron na divulgación cientifíca en España.  O coñocemento da súa persoa é por dúas facetas:a primeira foi identificar máis dunha vintena de especies, e a segunda foi a distribución das especies mariñas de todos os océanos e as vías ou estradas que utilizan axudándose das correntes. 

A importancia de Alvariño é infravalorada pero o mundo científico bautizou dúas especies mariñas co seu apelido, caso do quetognato Aidanosagitta alvarinoae e da hidromedusa Lizzia alvarinoae. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario