domingo, 14 de diciembre de 2014

Peixes con restos de insecticidas en ríos españois




Os peixes de río  estanse vendo afectados polos insecticidas piretroides, os cales poden ter efectos neurolóxicos e carcinoxénicos en seres humanos, segundo un estudo con participación  CSIC. Produtos que son habituais no consumo diario e é a primeira vez que se detectan en peixes de río xa que se pensaba que estes insecticidas non danarían ao medio ambiente.
Os investigadores analizaron 42 exemplares capturados en ríos da vertente mediterránea. "O resultado máis sorprendente é que todas as mostras presentan concentracións detectables de piretroides", apunta unha científica. Tratábanse de bagres, barbos, truchas, carpas e gobios.
O descoñecemento da pegada que poden ter estes produtos provocou que non haxa lexislación nin normativa, xa que non se sabía que os piretroides afectaban aos seres vivos. Aínda que os niveis non son daniños para os seres humanos, si poderían afectar aos peixes. Segundo varios estudos demostran que os piretroides poden provocarlles dificultades no movemento e problemas cardíacos e de crecemento. Ata pode provocarlles efectos tóxicos como a acumulación de lípidos no fígado. 

jueves, 11 de diciembre de 2014

A auga de "Rosetta"

Un dos obxectivos de "Rosetta é averiguar a orixe dos océanos.Fíxose unha análise de 67/P/Churyumov-Gerasimenko non aclara a oirxe da auga terrestre. Algúns estudos recentes realizados nuns cometas da familia de Xúpiter (á que pertence 67P) e a nube de Oort utilizando os datos solicitados pola sonda espacial Giotto, o telescopio espacial Herschel, que detectou  a auga do cometa 103P/Hartley/Hartley era parecida á da Terra, ou mesmo telescopios terrestres, capaces de investigar a composición destas rochas cando son moi brillantes e pasan preto da Terra.O estudo descartou esta probabilidade e suxire que é máis probable que a auga fora traída polos cometas.

Para saberes máis preme no enlace:http://www.elmundo.es/ciencia/2014/12/10/54889a9d22601d21728b456c.html

lunes, 8 de diciembre de 2014

Correr rexuvenece

Rodger Kram e Owen Beck fixeron un estudo no que demostraron que corredores de 60 a 70 anos tiña unha eficiencia enerxética comparable ao dunha persoa de 20 anos que tan só anda habitualmente.Para demostralo compararon nunha cinta corredores veteranos e persoas dunha idade comparable que camiñaban habitualmente mentres rexistraban o consumo de osíxeno.Por outra parte Mikel IZquierdo,director do Departamento de Ciencias da Saúde na Universidade de Navarra ,apunta que si corres diariamente reduces 12 anos a chegada da dependencia por incapacidade.

Para saber máis preme aquí: http://elpais.com/elpais/2014/11/20/ciencia/1416510065_309458.html