domingo, 14 de diciembre de 2014

Peixes con restos de insecticidas en ríos españois




Os peixes de río  estanse vendo afectados polos insecticidas piretroides, os cales poden ter efectos neurolóxicos e carcinoxénicos en seres humanos, segundo un estudo con participación  CSIC. Produtos que son habituais no consumo diario e é a primeira vez que se detectan en peixes de río xa que se pensaba que estes insecticidas non danarían ao medio ambiente.
Os investigadores analizaron 42 exemplares capturados en ríos da vertente mediterránea. "O resultado máis sorprendente é que todas as mostras presentan concentracións detectables de piretroides", apunta unha científica. Tratábanse de bagres, barbos, truchas, carpas e gobios.
O descoñecemento da pegada que poden ter estes produtos provocou que non haxa lexislación nin normativa, xa que non se sabía que os piretroides afectaban aos seres vivos. Aínda que os niveis non son daniños para os seres humanos, si poderían afectar aos peixes. Segundo varios estudos demostran que os piretroides poden provocarlles dificultades no movemento e problemas cardíacos e de crecemento. Ata pode provocarlles efectos tóxicos como a acumulación de lípidos no fígado. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario