lunes, 23 de marzo de 2015

Foi Stonehenge unha mesa xigante de ofrendas?

O círculo de Stonehenge puido ser en realidade unha xigantesca mesa de ofrendas, segundo Julian Spalding.
A función dos monolitos sería pois a de soster unha plataforma de madeira na que executaban cerimonias en consonancia coa "rotación" dos ceos.
"Nesa época e en todas as civilizacións que coñecemos,todos os monumentos sagrados eran alzados e en deseños circulares, posiblemente para seguir os movementos celestiales", asegura Spalding no libro que chega esta semana ás librería británicas: "As orixes da arte".
A orixinal teoría de Spalding pillou coa garda baixa aos arqueólogos, que seguen dándolle voltas ao enigmático círculo de pedra.
A teoría máis usada ata agora é que foi un templo usado polos druidas como calendario celestial. A posibilidade de que fose un monumento funerario ou ata un lugar de curación natural (algo así como un Lourdes prehistórico) ha ir gañando adeptos.
Segundo Julian Spalding, todas as teorías formuladas ata agora fixéronse desde unha perspectiva moderna e fóra do contexto histórico.
"Naquela época, todos os grandes altares construídos pola humanidade eran elevados", declara Spalding a The Guardian. "sería inimaxinable e insultante facer descender aos seres inmortales para que mordesen o po".
A teoría revolucionaria escepticismo nos expertos. Vincent Gaffney, á fronte do Proxecto Stonehenge , e Barry Cunliffe, profesor de Arqueoloxía en Oxford, aseguraron que a audacia de Spalding non se sostén coa "evidencia" e que no templo non foron atopados restos de materiais que permitan facer crer que os monolitos chegaron a soster unha plataforma.


Para saberes máis:http://www.elmundo.es/ciencia/2015/03/16/5506e172268e3e02028b456b.html

lunes, 16 de marzo de 2015

O número pi non é 3,14


Durante 24 horas e catro minutos, gravado por 26 cámaras e con decenas de testemuñas da Universidade de Agricultura e Ciencias Forestales do Noroeste, na provincia chinesa de Shaanxi, Chao Lu cantou de memoria 67.890 decimales do número pi. 

Pi non é 3,14, como aprendemos no colexio. Nin sequera é 3,141592653, nin tampouco é o larguísimo número que memorizou Chau Lao. Pi é a razón entre o perímetro dunha circunferencia e o diámetro, di Cilleruelo, membro do Instituto de Ciencias Matemáticas (ICMAT). Pi, polo tanto, é eterno.

"Pi é un número irracional. Non segue ningún patrón e ten un número infinito de cifras"explica Cilleruelo. Isto significa que o número de teléfono móbil ou o DNI de calquera persoa que estea lendo isto probablemente aparecerán entre os primeiros millóns de decimales de pi.

En 2011, os enxeñeiros Alexander Yee, estadounidense, e Shigeru Kondo, xaponés, calcularon os 10 primeiros billóns de decimales de pi.

"Si colles todos os números do listín telefónico da túa cidade e polos en fila, ese número larguísimo debería aparecer infinitas veces no número pi, pero non sabemos si é certo. É moi difícil demostralo. E o que o demostre levarase unha medalla Fields [o Nobel de matemáticas]" apunta Cilleruelo.

Máis aló dos 10 billóns de díxitos non se sabe o que hai. "No primeiro millón de díxitos de pi, o número 5 aparece 100.359 veces. O número 6 aparece 99.598 veces. Pero non sabemos si o número 5 aparece infinitas veces en pi" . O 5 podería desaparecer nalgún punto da infinita ristra de díxitos de pi. Ou non.

"A maxia de pi é que aparece en situacións alucinantes, nos lugares máis insospeitados que  poidas imaxinar", sostén Raúl Ibáñez, director do portal de divulgación científica DivulgaMAT. 
Para saberes máis:

sábado, 14 de marzo de 2015

Contaminan o mar os cosméticos solares?



A pesar do constante crecemento do turismo , os coñecementos sobre o impacto na actividade no ecosistema mariño é moi escaso.
Un destes impactos, é o relacionado co uso de cosméticos deseñados para protexernos da radiación ultravioleta (UV). 

Estes protectores actúan na pel, ben absorbendo a radiación UV grazas a compostos orgánicos ou ben absorbendo ou reflectindo a radiación mediante compostos inorgánicos. Pero, que ocorre con estes produtos cando de xeito directo (a través do baño) ou indirecta (a través das plantas de tratamento de augas residuais) son introducidos nas augas?

Aínda que as cantidades que se usan poderían considerarse pequenas,as consecuencias medioambientales poden ser moi dañinas especialmente en praias con ampla actividade recreativa e escasa renovación das súas augas.

Como consecuencia do incremento no uso de cremas solares e o aumento da actividade turística mundial, fixo unha investigación no Instituto de Ciencias Mariñas de Andalucía. 

Os primeiros resultados indican que as cremas solares unha vez liberadas ao mar e expostas á luz solar teñen a capacidade de producir  un forte axente oxidante que pode xerar niveis de estrés no fitoplancton mariño chegando a inhibir o seu crecemento.



Para saberes máis preme aquí:http://www.eldiario.es/andalucia/lacuadraturadelcirculo/Contaminan-mar-cosmeticos-solares_6_328327171.html

lunes, 9 de marzo de 2015

Marte tivo auga suficiente para cubrir todo o planeta

 Hai 4.500 millóns de anos, o noso veciño no universo albergou suficiente auga como para cubrir todo o planeta cun mar extenso pero superficial, cunha profundidade media de só 137 metros, segundo anuncia hoxe a NASA.Sabíase que Marte tiña auga pero non canta,pero grazas ao  grupo de Villanueva( enxeñeiro encargado do proxecto) empregou os tres telescopios de infravermellos máis potentes do mundo, incluíndo o observatorio europeo no deserto de Atacama (Chile), para facer "fotografías" da atmosfera de Marte. Grazas á precisión dos aparatos, os científicos puideron analizar durante seis anos a proporción de dous tipos de moléculas de auga: a familiar H2O e a súa versión HDO, na que aparece unha variante máis pesada do hidróxeno, o deuterio.
Agora, grazas a Villanueva, sabemos que a sopa marciana na que puido aparecer a vida durou entre 1.000 e 1.500 millóns de anos.Os datos do arxentino mostran que Marte perdeu o 87% da auga dos seus océanos primitivos.O 13% restante conxelouse sobre os polos Sur e Norte. Pero os novos mapas da atmosfera marciana elaborados pola NASA suxiren outra posibilidade excitante.
Revelan a existencia de microclimas, con diferentes proporcións dos dous tipos de auga, malia que o planeta é maioritariamente desértico.
"Son variacións moi sorprendentes, que poden significar que hai reservorios de auga baixo a superficie de Marte," apunta Villanueva.
O enxeñeiro recorda que a misión europea ExoMars planea aterrar en Marte en 2018, cun trade de dous metros.
Para saberes máis preme aquí:http://elpais.com/elpais/2015/03/05/ciencia/1425578431_158706.html