lunes, 16 de marzo de 2015

O número pi non é 3,14


Durante 24 horas e catro minutos, gravado por 26 cámaras e con decenas de testemuñas da Universidade de Agricultura e Ciencias Forestales do Noroeste, na provincia chinesa de Shaanxi, Chao Lu cantou de memoria 67.890 decimales do número pi. 

Pi non é 3,14, como aprendemos no colexio. Nin sequera é 3,141592653, nin tampouco é o larguísimo número que memorizou Chau Lao. Pi é a razón entre o perímetro dunha circunferencia e o diámetro, di Cilleruelo, membro do Instituto de Ciencias Matemáticas (ICMAT). Pi, polo tanto, é eterno.

"Pi é un número irracional. Non segue ningún patrón e ten un número infinito de cifras"explica Cilleruelo. Isto significa que o número de teléfono móbil ou o DNI de calquera persoa que estea lendo isto probablemente aparecerán entre os primeiros millóns de decimales de pi.

En 2011, os enxeñeiros Alexander Yee, estadounidense, e Shigeru Kondo, xaponés, calcularon os 10 primeiros billóns de decimales de pi.

"Si colles todos os números do listín telefónico da túa cidade e polos en fila, ese número larguísimo debería aparecer infinitas veces no número pi, pero non sabemos si é certo. É moi difícil demostralo. E o que o demostre levarase unha medalla Fields [o Nobel de matemáticas]" apunta Cilleruelo.

Máis aló dos 10 billóns de díxitos non se sabe o que hai. "No primeiro millón de díxitos de pi, o número 5 aparece 100.359 veces. O número 6 aparece 99.598 veces. Pero non sabemos si o número 5 aparece infinitas veces en pi" . O 5 podería desaparecer nalgún punto da infinita ristra de díxitos de pi. Ou non.

"A maxia de pi é que aparece en situacións alucinantes, nos lugares máis insospeitados que  poidas imaxinar", sostén Raúl Ibáñez, director do portal de divulgación científica DivulgaMAT. 
Para saberes máis:

No hay comentarios:

Publicar un comentario