lunes, 9 de marzo de 2015

Marte tivo auga suficiente para cubrir todo o planeta

 Hai 4.500 millóns de anos, o noso veciño no universo albergou suficiente auga como para cubrir todo o planeta cun mar extenso pero superficial, cunha profundidade media de só 137 metros, segundo anuncia hoxe a NASA.Sabíase que Marte tiña auga pero non canta,pero grazas ao  grupo de Villanueva( enxeñeiro encargado do proxecto) empregou os tres telescopios de infravermellos máis potentes do mundo, incluíndo o observatorio europeo no deserto de Atacama (Chile), para facer "fotografías" da atmosfera de Marte. Grazas á precisión dos aparatos, os científicos puideron analizar durante seis anos a proporción de dous tipos de moléculas de auga: a familiar H2O e a súa versión HDO, na que aparece unha variante máis pesada do hidróxeno, o deuterio.
Agora, grazas a Villanueva, sabemos que a sopa marciana na que puido aparecer a vida durou entre 1.000 e 1.500 millóns de anos.Os datos do arxentino mostran que Marte perdeu o 87% da auga dos seus océanos primitivos.O 13% restante conxelouse sobre os polos Sur e Norte. Pero os novos mapas da atmosfera marciana elaborados pola NASA suxiren outra posibilidade excitante.
Revelan a existencia de microclimas, con diferentes proporcións dos dous tipos de auga, malia que o planeta é maioritariamente desértico.
"Son variacións moi sorprendentes, que poden significar que hai reservorios de auga baixo a superficie de Marte," apunta Villanueva.
O enxeñeiro recorda que a misión europea ExoMars planea aterrar en Marte en 2018, cun trade de dous metros.
Para saberes máis preme aquí:http://elpais.com/elpais/2015/03/05/ciencia/1425578431_158706.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario