sábado, 28 de febrero de 2015

A caza furtiva




En todo 2007, os criminais abateron 13 rinocerontes; agora matan tres cada día.
En 1979, había 1,5 millóns de elefantes africanos; hoxe roldan o medio millón, mentres se mata e despeza a uns 33.000 cada ano.
Bruxelas e Washington lanzaron este mes senllos programas para combater un negocio que abastece ás guerrillas.
Vietnam é o principal importador mundial, xa que os curandeiros locais lle atribúen propiedades milagrosas.

Cada ano, só a caza furtiva de elefantes podería estar movendo ata 1.000 millóns de euros.
Destaca que España sexa líder en importación de leóns cazados e converteuse en ruta para o tráfico de marfil.
Precisamente, España é o maior importador de trofeos de caza de leóns de toda a Unión Europea  superando amplamente a Francia, Reino Unido e mesmo a Rusia. A maioría dos trofeos lográronse en Sudáfrica, nunha práctica chamada  "caza enlatada": leóns criados especificamente para soltalos ante o rifle dun cazador estranxeiro.
A principios de mes, entrou en vigor unha nova normativa que freará a entrada de trofeos de caza dende África que poñan en perigo o seu futuro.
Elefantes, rinocerontes e leóns cazados en países nos que os que non é sostible e non se promove a conservación non poderán entrar na UE.
 WWF denuncia que se servía deste baleiro legal dos trofeos de caza na maleta para levar marfil e corno de rinoceronte dende África a Asia pasando pola UE.
As autoridades de Malaisia interceptaron un cargamento de 24 toneladas de marfil (1.500 cairos) que dende Togo pasara por España e que viaxaba cara a China. Estánse a facer grandes progresos na concienciación dos propios países africanos sobre a importancia de conservar estes simbólicos tesouros naturais, tanto dende o punto de vista ambiental como económico: un elefante vivo vale máis que 75 cazados.
Xa quedan menos de 5.000 rinocerontes negros en África e só cinco da subespecie de rinoceronte branco do norte.
Para saberes máis preme aquí:http://elpais.com/elpais/2015/02/20/ciencia/1424426311_756002.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario