sábado, 21 de febrero de 2015

Australia esquece os koalas

O Goberno australiano publicou en decembro unha serie de recomendacións para mitigar o efecto da actividade humana na poboación de coalas. Pero o documento, non contiña nin unha soa iniciativa para impulsar a recuperación da especie, desatou a indignación de Deborah Tabart(presidenta Australian Koala Foundation) entre os que loitan pola súa conservación, .

 A Tabart chamárona do Goberno para unha consulta sobre se debía facerse unha mina de carbón en Nova Gales do Sur. Baseándose en datos Tabart recomendou que non se instalase,mais o Goberno rematou aprobando o proxecto. Tabart, que, furgando nas contas dos partidos políticos, rematou encontrando substanciosas doazóns por parte da empresa mineira .
Australia é un dos principais produtores e exportadores mundiais no sector mineiro (13% do PIB) e contribuíu ao crecemento da economía, mais a actividade mineira intensiva durante décadas decimou o coala.

A fundación  non se opón á minaría, pero di que hai que levala a cabo minimizando o impacto sobre o medio. "O modelo baixo o que opera o noso país non é sostible. Buscamos os beneficios a curto prazo sen darnos conta de que hai cousas que non se poden cuantificar con diñeiro, pero que teñen un valor incalculable", asegura.
Para saberes máis preme aquí:http://elpais.com/elpais/2015/02/12/ciencia/1423747497_533314.html

1 comentario:

  1. Ola Antón o post está moi ben pero dálle unha alineación xustificada ao texto. Queda mellor. Ánimo!

    ResponderEliminar