sábado, 21 de febrero de 2015

O plástico que enche o océano

A contaminación dos mares por plástico é un problema que preocupa, xa que aínda non existe unha estimación da cantidade que remata nos océanos cada ano. Un grupo de investigadores publicou por primeira vez o primeiro cálculo rigoroso de cantos refugallos plásticos mal xestionados van parar ao mar dende cada un dos 192 países costeiros do mundo.
Os resultados son arrepiantes ,entre 4,8 e 12,7 millóns de toneladas de lixo plástico van parar aos océanos cada ano, segundo unha investigadora da Universidade de Xeorxia.
Para chegar a isto, os científicos cruzaron os datos de xeración de residuos sólidos, a densidade de poboación e o status económico país por país, convén poñer en contexto esa cantidade para saber se en efecto é elevada ou non con respecto á cantidade de plástico que se produce no mundo. A produción mundial de plástico roldou no ano 2010 os 288 millóns de toneladas.  Iso xera nas rexións costeiras unha cantidade de lixo plástico de case 100 millóns de toneladas, dos cales 32 millóns non son xestionados apropiadamente e unha media de oito millóns de toneladas remata flotando nos océanos de todo o mundo.
Para saberes máis preme aquí:http://www.elmundo.es/ciencia/2015/02/12/54dd0eb0ca47410e378b456e.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario