sábado, 14 de marzo de 2015

Contaminan o mar os cosméticos solares?



A pesar do constante crecemento do turismo , os coñecementos sobre o impacto na actividade no ecosistema mariño é moi escaso.
Un destes impactos, é o relacionado co uso de cosméticos deseñados para protexernos da radiación ultravioleta (UV). 

Estes protectores actúan na pel, ben absorbendo a radiación UV grazas a compostos orgánicos ou ben absorbendo ou reflectindo a radiación mediante compostos inorgánicos. Pero, que ocorre con estes produtos cando de xeito directo (a través do baño) ou indirecta (a través das plantas de tratamento de augas residuais) son introducidos nas augas?

Aínda que as cantidades que se usan poderían considerarse pequenas,as consecuencias medioambientales poden ser moi dañinas especialmente en praias con ampla actividade recreativa e escasa renovación das súas augas.

Como consecuencia do incremento no uso de cremas solares e o aumento da actividade turística mundial, fixo unha investigación no Instituto de Ciencias Mariñas de Andalucía. 

Os primeiros resultados indican que as cremas solares unha vez liberadas ao mar e expostas á luz solar teñen a capacidade de producir  un forte axente oxidante que pode xerar niveis de estrés no fitoplancton mariño chegando a inhibir o seu crecemento.



Para saberes máis preme aquí:http://www.eldiario.es/andalucia/lacuadraturadelcirculo/Contaminan-mar-cosmeticos-solares_6_328327171.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario