domingo, 3 de mayo de 2015

O último vó de "Yi qi"


Un dos conceptos  esenciais que debe aprender todo estudante de Bioloxía é a diferenza entre homoloxía e analoxía: as ás de aves e morcegos non son homólogas, porque non proveñen dunha mesma á primitiva, senón análogas: desenvolveron formas similares impostas pola función de voar. Pero que facer entón cun dinosauro do Xurásico un avó das aves que voaba como un morcego? Iso é xusto o que acaban de achar os paleontólogos chineses. É iso análogo, homólogo ou epiceno ao voo das aves? Velaquí un bo exemplo da ciencia en acción.
'Yi qi' apareceu en sedimentos datados en 160 millóns de anos atrás, nas postrimerías do Xurásico.
O novo dinosauro foi bautizado  como Yi qi (á estraña). Pertence ao mortecino e horrisonante grupo dos scansoriopterígidos, uns réptiles xurásicos que a pesar do seu enanismo (Yi qi debía pesar uns 380 gramos) teñen moito interese para os paleontólogos, pola súa relación familiar cos dinosauros carnívoros, ou terópodos, que deron lugar á orixe das aves. 

Yi qi ten plumas, pero niso xa lle precederon outros dinosauros chineses dos últimos tempos. Non son o tipo de plumas adecuadas para o voo, e parécense máis ás do pavo real, que se despregan con luxo aparatoso e uns obxectivos máis ben sexuais. O que leva aos científicos chineses a pensar que voaba non é iso, senón o longo e extraordinario óso cilíndrico que se proxecta desde a súa boneca. Esta estrutura, nunca observada noutro dinosauro, aseméllase á de criaturas como o morcego e a ardilla voadora, capaces de aletear ou planear a pesar da súa falta de parentesco coas aves, a aristocracia do ceo.

 Para saberes máis:
http://elpais.com/elpais/2015/04/29/ciencia/1430319656_796229.html

1 comentario:

  1. Ola Antón. A noticia é moi interesante, pero non entendo por que te limitas a traducila de xeito case literal? Ánimo!

    ResponderEliminar