sábado, 29 de noviembre de 2014

Cientificos xaponeses desenrolan biocombustible con laranxas

Un grupo de científicos da universidade xaponesa de Mie informaron de que  desenvolveron un biocombustible a partir de laranxas non aptas para o consumo que mostrou bos resultados pola súa eficiencia e a súa natureza pouco corrosiva.
Este proxecto trata de aproveitar o excedente que se dá en Mihama famosa polas súas laranxas.
O equipo fixo que un vehículo duns 14 quilos activado por control remoto funcione mediante unha mestura de gasolina e este novo biocombustible de laranxa,así como os refugallos que quedan tras producir zume deste cítrico cunha bacteria obtida.
Esta bacteria descompón  fibras de celulosa e produce un azucre que, ao fermentar xunto a outro microorganismo , produce este biocombustible de laranxa  do que lograron extraer uns 20 mililitros de biocombustible duns 3 quilos de laranxas descartadas.
A substancia tamén resultou menos corrosiva que o bioetanol, normalmente producido con millo ou remolacha, xa que o 70 por cento do seu contido é biobutanol, que non reacciona tan doadamente coa humidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario